Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Justo: "Non podes deixar un equipo con dez por iso"

Fran Justo: "Non podes deixar un equipo con dez por iso"

O técnico do Arenteiro lamentou a decisión arbitral que lastrou ao Arenteiro máis de sesenta minutos de xogo

G24.gal 30/04/2022 21:58

Un mal arrinque de partido e algunha decisión arbitral polémica foron chave para a derrota do Arenteiro ante o Unión Adarve. O traspés deixa os carballiñeses a un punto da salvación, pero xa sen opcións de entrar no playoff. Fran Justo valorou o partido do Vicente del Bosque.

"Non entendemos ben o que tiñamos que facer nos primeiros minutos e xa tiñamos o partido moi complicado. Pero fomos quen de repoñernos. Se permitimos teatros, xogadores ao chan, neste contexto, nestas situacións, cos equipos xogándose moito... Deixas un equipo que se xoga a vida cun home menos, é unha pena. O seu xogador, dende que foi o cartón, tardou dous segundos en erguerse. Pasou moitas veces no partido pero só nos amosaron a nós a vermella. Iso si, nos centrámonos en xogar, e non podemos entrar no partido como entramos hoxe, hai que aprendelo e asumilo... e valorar que metemos presión ao segundo clasificado ata o último minuto. A implicación dos xogadores foi de once".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos