Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira sesión de adestramento de Fran Justo no Lugo

Primeira sesión de adestramento de Fran Justo no Lugo

O técnico de 33 anos deixou o Arenteiro na primeira posición da 2RFEF e clasificado para a segunda eliminatoria da Copa do Rei

G24.gal 23/11/2022 07:47 Última actualización 23/11/2022 17:54

Fran Justo realizou na tarde do mércores a súa primeira sesión como adestrador do Lugo

Moveuse con celeridade o Lugo para pechar o substituto de Hernán Pérez. Na xornada do martes o círculo pechouse sobre o adestrador ourensán Fran Justo que finalmente foi o elixido para coller un equipo que se atopa en postos de descenso. 

Fran Justo é o técnico de moda no fútbol galego despois de acumular 21 partidos sen perder nun brillante Arenteiro que esta temporada gañou a Copa Federación, clasificouse para a Copa do Rei eliminando o Almería e agora xogará contra o Atlético e lidera contra todo prognóstico o Grupo I da Segunda RFEF. 

Fran Justo, que este domingo foi o convidado do programa En xogo, é un adestrador con experiencia malia a súa xuventude (33 anos). Xestiona equipos sénior desde que tiña 24 anos, cando ascendeu co Nogueira de Ramuín á Preferente Autonómica. Despois, chegoulle a oportunidade de dirixir o Ourense C. F. (2016-2020), co que estivo a un paso de ascender a 2.ª B. Conseguiuno no proxecto que lidera desde xuño de 2020, o Arenteiro. Colleuno na Terceira e consolidouno na 2.ª RFEF facendo un gran traballo. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade