Cargando resultados...
Fran Beltrán, mancado no nocello, perderá a última xornada de liga
G24.gal
17/05/2022 20:27
Nun día tan sinalado como o das letras galegas, Fran Beltrán, que exerce de galego aínda que non o sexa, tivo este detallazo coa nosa lingua na súa conta de Twitter.
Non son galego, pero a miña xente si 💙 Unha data moi sinalada para o @RCCelta e o celtismo. Feliz #DíaDasLetrasGalegas a todos!! pic.twitter.com/09YtZvXwWR
— Fran Beltrán (@franbeltran__) May 17, 2022
Mágoa que o de Seseña non poida despedir a temporada sobre o terreo de xogo. Ante o Elxe Beltrán sufriu unha leva escordadura no seu nocello dereito e non xogará o derradeiro partido de liga en Mestalla. Estará de baixa entre 3 e 4 semanas.