Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Alonso é rotundo: "O partido ante o Levante considerámolo como unha final"

Fran Alonso é rotundo: "O partido ante o Levante considerámolo como unha final"

A situación do Levante é crítica: último clasificado, con soamente dous puntos e ningunha vitoria no que vai de tempada

G24.gal 13/11/2025 16:23 Última actualización 13/11/2025 16:29

O técnico branquiazul recoñece que a estas alturas da tempada, esperaba que o equipo tivese máis puntos. A situación do Deportivo non reflicte os puntos cos que Fran Alonso contaba a inicio de tempada. É unha realidade exposta polo técnico madrileño, que recoñeceu na conferencia de prensa previa ao duelo contra o Levante a importancia de gañar mañá (19:30 horas en Riazor) para deixar atrás a mala serie.

A situación do Levante é crítica: último clasificado, con soamente dous puntos, ningunha vitoria no que vai de tempada e eliminadas da Copa contra unha 1ªRFEF. Sepárano 3 puntos da salvación.

“Considerámolo como unha final. É un partido no que debemos dar o 100 % para tentar gañar. Estamos a un clic de empezar a crecer e empezar a conseguir resultados positivos”.

O Dépor Abanca chega a este partido tras caer goleadas fronte ao Barça Feminino a xornada pasada. Unha moi mala imaxe na primeira parte fixo que o Dépor Abanca marchase ao descanso con oito goles encaixados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar