Foxe un preso do cárcere de Valladolid aproveitando as visitas
O seu perfil non implica a previsión dun risco inminente para a poboación e que non se trata dun condenado por violencia de xénero, comunicou a Subdelagación do Goberno

Un preso do centro penal de illanubla, en Valladolid, fuxiu este venres aproveitando o horario de visitas e tamén que nese momento se estaban poñendo en liberdade varios reclusos.
A Subdelegación do Goberno precisou no seu comunicado que o seu perfil non implica a previsión dun risco inminente para a poboación e que non se trata dun condenado por violencia de xénero
Os feitos tiveron lugar este venres e polo momento descoñécese como puido escapar exactamente o preso. Os funcionarios do centro inspeccionan as gravacións para saber que pasou, xa que non se deron conta de que faltaba ata o reconto.
A Subdelegación do Goberno asegurou que a Garda Civil ten activado o dispositivo para localizar o recluso e informada a Policía Nacional, mentres que Institucións Penais investiga as circunstancias da fuga.