Publicador de contidos

Publicador de contidos

Formoso reúne os parlamentarios socialistas nas Cortes para "dinamizar" o orzamento

Formoso reúne os parlamentarios socialistas nas Cortes para "dinamizar" o orzamento

G24.gal 18/02/2023 15:34

Na sede dos socialistas galegos fixeron este sábado un seguimento das partidas orzamentarias que o Estado destina a Galicia.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, participou na reunión de coordinación cos representantes galegos no Congreso e no Senado, unha cita á que tamén acudiu o delegado do Goberno en Galicia.

O líder dos socialistas galegos está satisfeito co grao de cumprimento, pero di que sempre manterá un equilibrio entre a lealdade ao partido e a Galicia.

Os socialistas buscan "coordinar a defensa dos intereses" de Galicia e "fiscalizar a execución do orzamento do Goberno" na comunidade.

Aseguran que os 1.054 millóns de euros do orzamento deste ano para Galicia son "históricos" e "non hai ninguén solvente" que poida criticar o compromiso do Goberno con Galicia, aínda que, advertiu, estas contas teñen unha vida que "esmorece o 31 de decembro".

Insiste González Formoso en que a reunión serve para "dinamizar a execución do orzamento en Galicia, de modo que infraestruturas como a A-54, a construción das fragatas en Ferrol, a liña de alta tensión en Vigo para dar servizo a Stellantis ou a chegada dos trens Avril para despregar "de verdade" a alta velocidade ferroviaria máis aló de Ourense necesitan un impulso, sinalou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade