Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Formoso advirte de que "non todo vale en política" tras a caída do viaduto
                            G24.gal
                        
                            18/06/2022 13:49
                        
                        
                        
                        
                    
                    Ás críticas da voceira nacional do BNG polos derrubamentos nas infraestruturas respondeulle o líder dos socialistas galegos.
Valentín González Formoso díxo que non todo vale en política. Asegura que non se pode actúar de xeito irresponsable ante o que foi o accidente. Foi especialmente crítico cos dirixentes do BNG, que antes criticaban a construción de autovías e agora son os primeiros en sacar fotos nun viaduto derrumbado. Asegua que o que quere a cidadanía é que se resolva canto antes o problema xenerado nesta estrada, e que se poida "determinar que causou a caída".
Tamén considera imprescindible que se licite coa maior urxencia posible a reconstrución do viaduto e que, chegado o momento, se diriman as responsabilidades oportunas.