Flores máis caras para Defuntos polo encaremento dos combustibles e da enerxía
As flores encarécense todos os anos por estas datas e este ano hai que engadirlle o encarecemento da enerxía
Todos os anos por estas datas se encarecen as flores pola alta demanda, pero este ano, amais, hai que engadirlle a suba do prezo da enerxía.
Encarécese o transporte, por mor da suba do prezo dos combustibles, e producir e conservar as flores é moito máis caro polo incremento do custo da luz. Unha situación que eleva o prezo final, sobre todo daqueles produtos que veñen de fóra.
As margaridas procedentes de Holanda custan neste intre o dobre que o ano pasado. As de aquí son un euro máis caras. Un incremento semellante o da ducia de caraveis. De media os floreiros estiman esta campaña de Defuntos pagaremos entre un 10 e 20 por cento máis que hai un ano polas flores e plantas.