Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin de semana esixente para os galegos da ACB

Fin de semana esixente para os galegos da ACB

G24.gal 29/04/2023 12:33

Esta liga de dúas velocidades volve deparar unha fin de semana moi esixente para os nosos. Para o Rio Breogán remata o seu particular Tourmalet coa visita o domingo ao serán á pista do Baskonia. Xogará outra vez sen o mancado Toni Nakic. A receita fronte a un rival de semellante nivel, sobrevivir.

Esta noite, o Obradoiro visitará a pista do Valencia, o equipo que marca o límite dos playoffs. Porá a proba aos santiagueses, que perderon seis dos últimos sete, co consecuente baixón anímico.

Liberado do calendario de Euroliga, o Valencia semella un inimigo menos accesible. A Fonteta marcara o nivel duns e doutros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar