Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fin de semana de sol e calor: 25 graos na costa e 35 na provincia de Ourense

Fin de semana de sol e calor: 25 graos na costa e 35 na provincia de Ourense

A temperatura máxima, de 35,5 graos, rexistrouse en Leiro. 

Os termómetros rozaron os 25 graos na Coruña e no Grove

A calor intensa vai seguir na xornada do domingo 

Na conca do Miño-sil superaron de novo os 35 graos na xornada do sábado
G24.gal 10/09/2022 20:39 Última actualización 10/09/2022 21:26

Volveu a calor, con tempo de verán practicamente en toda Galicia. Pero a suba das temperaturas notouse especialmente na provincia de Ourense, alí de novo foi unha xornada de sábado moi calorosa.

Máis de 30 graos en boa parte de Galicia para pechar un verán extremadamente cálido, cos valores máis altos da serie histórica e con episodios de calor extrema que tardaremos en esquecer. 

Xa estabamos poñendo a cazadora e semellaba que setembro ía traernos un descenso considerable das temperaturas. Pero nesta fin de semana temos unha prolongación dos días de calor e o tempo de verán semella que non acaba de marchar. 

Tarde de sol, de praia e de paseos agradables en moitas localidades do litoral galego. Volveu o tempo de verán, rozando os 25 graos na Coruña e superando os 35 graos en Leiro, en Vilamartín de Valdeorras e tamén na cidade de Ourense.

Despois dun verán extremadamente cálido, sobre todo, no interior, na conca do Sil e do Miño ourensán, con temperaturas por riba dos 34 graos, o outono resístese a chegar.

Temperaturas altas para esta época do ano

-Leiro: 35,5 graos

-A Portela, Vilamartín de Valdeorras: 35,4 graos

-Ourense: 35,1 graos 

-A Arnoia: 34 graos

-Castelo de Miño: 34 graos

-Monforte de Lemos: 33,3 graos

-Verín: 33,2 graos

-Laza: 32 graos

-Lugo: 31,7 graos

-Xinzo de Limia: 31,1 graos

Valores altos para esta época do ano e sen a chuvia suficiente para paliar a grave seca. Un tempo anormalmente caloroso co aire cálido que vén do sur, e de novo, agárdase unha xornada de domingo de calor intensa, sobre todo, na provincia de Ourense.

Non será ata a tarde do domingo cando se prevé a chegada das primeiras chuvias pola costa, e no interior poden ser de carácter treboento. O tempo cambiará a partir do luns coa entrada dunha borrasca, segundo as previsións de Meteogalicia.  

Sol e temperaturas máis propias do verán que do outono
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar