Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferrolterra, destino vacacional na procura dun refuxio climático

Ferrolterra, destino vacacional na procura dun refuxio climático

Aumenta a demanda de aloxamentos turísticos para o verán, pero a maioría deles xa están case ao completo

En Ferrol os establecementos turísticos están a piques de colgar o cartel de completo para o verán
G24.gal 30/05/2025 16:07 Última actualización 30/05/2025 18:56

"A ocupación hai uns anos era ao mellor do 70%, agora mesmos estamos copados, hai moi pouca oferta e moita demanda", conta Sergio Ampudia, xestor inmobiliario.

Reservar aloxamento para este verán en toda a comarca de Ferrolterra é xa a estas alturas misión case imposible.

"A primeiros de agosto aínda temos cuartos, pero se queredes vir a finais de agosto ou mediados, 15, 16, temos xa o hotel practicamente completo", apunta Ana Franco, subdirectora do Hotel Valencia.

"Agora mesmo creo que temos dispoñible soamente unha vivenda na zona de Esteiro, unha vivenda que está en 1.300 euros e estaría complicado", continúa o xestor.

Tampouco quedan moitas opcións nos apartamentos turísticos.

"Case completos xa dende principios de ano que empezaron a entrar reservas sobre todo agosto, primeira quincena de xullo, si que temos algúns días soltos ao mellor tres días ou así, pero agora mesmo estamos case todo completo", explica Noa Martínez, directora de Marketing de Noaru Apartamentos.

Esta demanda repercute no prezo.

"Hai un ano podías atopar ao mellor por 70, 65 euros e agora mesmo a media diaria en alugueiro vacacional soe andar sobre os 85, 255, 300 euros diarios", comenta Sergio.

Nótase tamén en que as reservas cada vez se fan antes.

"Xa a xente reserva dende antes do Nadal incluso", apostila Ana.

E é que Ferrolterra está de moda. 

"Temos o Pantín Clacsic, temos a zona de Doñinos, que é espectacular, Cedeira, os cantís, as Fragas do Eume, aquí temos unha oferta moi variada", relata Sergio.

 "E despois tamén é unha zona que para comer, a gastronomía que temos é especial", di Ana.

Ofrécese como un paraíso tamén para os que buscan un refuxio climático.

  "Si, eu imaxino que de onde veñen eles estarán torrándose de calor entón eles aquí encántalles", opina Noa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade