Ferrol estrea o primeiro treito da obra de humanización da avenida das Pías
Os traballos supoñen un investimento de 11 millóns de euros e permitirán conectar catro barrios da cidade
Catro barrios de Ferrol por unha rede de pasos elevados e túneles para sortear a principal vía de acceso á cidade. Así era a antiga vía das Pías. As obras de integración urbana que está desenvolvendo o Ministerio de Transportes permite avanzar nunha cidade máis accesible. O primeiro treito é xa unha realidade e un exemplo de integración urbana.
"Falamos do primeiro proxecto de humanización do Ministerio de Transportes en todo o país. Cun investimento de 11 millóns de euros", explica Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia.
As obras tamén permitirán reordenar o tráfico nun espazo que pasará a ser de titularidade municipal.
"É un antes e un despois dunha cidade que quere mirar ao futuro", di José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol.
A previsión é poder completar a posta en servizo de toda a obra antes da Semana Santa.