Publicador de contidos

Publicador de contidos

Brais Méndez aposta pola clasificación europea de Celta e Real Sociedade

Brais Méndez aposta pola clasificación europea de Celta e Real Sociedade

O mosense atendeu a CRTVG a poucos días de xogar en Anoeta un partido fundamental nas aspiracións por entrar en Europa dos dous equipos

G24.gal 07/05/2025 22:51

Brais Méndez (28 anos) é unha das estrelas da Real Sociedade. Formado no Celta, deu o salto en 2022 con dirección a Donosti para vivir novas experiencias e abofé que o conseguiu. O ano pasado conseguiu xogar a Liga de Campións e con grandes actuacións. Este ano o seu equipo está a ter un papel un pouco máis discreto, pero chega ás últimas catro xornadas a tres puntos do Celta, cun duelo directo polo medio, e coa aspiración intacta de xogar en Europa. 

Despois de dúas campañas sensacionais (18 goles entre as dúas campañas contando todas as competicións), as lesións estanlle impedindo nesta 24-25 estar ao seu mellor nivel. Porén Brais Méndez é un dos referentes ofensivos da Real Sociedade, con 5 goles en 28 partidos como titular. 

Do que non perde ollo Brais Méndez é da actualidade do Celta. "Véxoo sempre que podo", confesa e recoñece que a chegada de Claudio Giráldez devolveu ao club os valores que gustan na afección. O atrevemento e xogar de ti contra calquera rival. Tamén se sente moi identificado nos novos valores. A moitos xa os coñecía de adestrar con eles (Hugo Álvarez, Hugo Sotelo, Damián), pero hai un co que nunca coincidira e que lle gusta especialmente, Fer López. 

Brais non ten dúbida. Asinaría cos ollos pechados a clasificación europea do Celta e a Real Sociedade. Un iría á Europa League e outro á Conference League. Aí seguro que hai discrepancias polo prestixio de cada competición pero o importante é que estén nun torneo continental na 25-26. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade