Ferrol e Lugo estarán conectadas por un autobús directo cunha única parada nas Pontes
A Xunta destina a este novo contrato 2,7 millóns de euros ata o anos 2030
Dá servizo a case 9.000 persoas de 60 concellos das provincias da Coruña e Lugo
As cidades de Lugo e Ferrol van estar conectadas por unha liña de bus directo, que terá unha única parada no concello das Pontes de García Rodríguez.
Esa é a principal novidade da nova concesión para o transporte regular por estrada de pasaxeiros entre A Coruña, Ferrol e Lugo, que dá servizo a case 9.000 persoas de 60 concellos das provincias da Coruña e Lugo.
A Xunta destina a este novo contrato 2,7 millóns de euros ata o anos 2030 e a partir de agora reducirase o tempo de viaxe entre Ferrol e Lugo ao contar cunha liña directa, con esa única parada intermedia nas Pontes pola demanda de usuarios neste concello.