Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferrol celebra cunha festa gastronómica o centenario da Peixería

Ferrol celebra cunha festa gastronómica o centenario da Peixería

O edificio modernista foi deseñado polo arquitecto Rodolfo Ucha

G24.gal 27/05/2023 14:46 Última actualización 27/05/2023 15:03

Un dos edificios máis singulares do barrio da Madalena de Ferrol cumpre 100 anos. Falamos do mercado de peixe, obra do arquitecto Rodolfo Ucha.

A cidade celebra o centenario da peixería cunha gran festa gastronómica na zona exterior da nave. Ucha deseñouna en 1910 ao ditado da linguaxe modernista, pero non  foi construída ata trece anos despois.

Ao abrigo da súa cuberta de zinc e do seu refinado enreixado de ferro, os praceiros continúan vendendo o mellor produto da cidade neste fermoso edificio que fala de Ferrol e do seu pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade