Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferroglobe fai 50 anos en Arteixo apostando polo silicio para baterías

Ferroglobe fai 50 anos en Arteixo apostando polo silicio para baterías

O presidente da Xunta destaca o potencial de Galicia "nas materias primas do futuro"

G24.gal 03/06/2022 14:46

A única fábrica que hai en España de silicio metal, materia prima clave para producir coches ou paneis solares, está en Arteixo e fai 50 anos. É da multinacional Ferroglobe, que elixiu a planta galega para un proxecto de investigación para alongar a vida das baterías de coches e teléfonos.

Os máximos directivos da multinacional, co seu presidente executivo, Javier López Madrid, á cabeza; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, vistaron hoxe Arteixo para conmemorar o medio século da fábrica. Aniversario que Ferroglobe celebra co compromiso de investir 4,2 millóns de euros para mellorar as instalacións e para impulsar unha planta piloto na mesma fábrica.

"Para a planta piloto estamos desenvolvendo un proceso para producir silicio pulverizado para as baterías de coches e de móbiles para aumentarlles a súa vida útil, que é o que lle preocupa á industria da automoción" explicou Alberto Fuentes, vicepresidente de operacións de Ferroglobe para Europa e América do Sur.

Alfonso Rueda destacou o potencial de Galicia na produción das materias primas do futuro.

"Temos en Galicia o 8 % da produción mineira de España, polo tanto temos que tomarnos este sector moi en serio como materia prima para procesos industriais con moito futuro. Hai que facer unha planificación ben elaborada, ausente de propostas demagóxicas que non levan a ningunha parte, sendo conscientes de que é posible combinar a sostibilidade ambiental co progreso industrial e económico", afirmou o presidente.

A Xunta apoia con case dous millóns de euros o proxecto de baterías de Ferroglobe en Arteixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade