Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferroatlántica para a factoría de Arteixo por falta de subministración

Ferroatlántica para a factoría de Arteixo por falta de subministración

Os traballadores seguen, polo momento, acudindo aos postos de traballo para facer labores de mantemento

G24.gal 22/03/2022 17:06

A factoría de Ferroatlántica situada no polígono de Sabón, en Arteixo paraliza este martes a súa produción pola falta de subministracións causada pola folga de transporte.

A entidade comunicou a noticia esta mañá ao persoal, que polo momento continuará indo traballar para realizar labores de mantemento e de limpeza. Na planta elaboran silicio e fáltalles a madeira coa que alimentan os fornos.

Tampouco lles están chegando outros materiais como o cuarzo ou o carbón. Teñen reservas, pero para poucos días. A situación golpea aínda máis unha empresa que xa está moi asfixiada polo prezo da electricidade.

Hai unha semanas cifraban en 90 millóns o sobrecusto que están pagando polo encarecemento da enerxía nas fábricas que teñen en España. E por ese motivo xa fixeran outro paro puntual de 72 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade