Cargando resultados...
Ferral, o carpinteiro que deseñou o mellor ano da historia de Bueu
Están primeiros na Liga Galega de traiñeiras e acaban de gañar o campionato de España
Participarán na clasificatoria da Concha por primeira vez na historia
G24.gal
09/08/2022 21:23
Hai pequenas historias que se agochan tras dos grandes éxitos. Hoxe acompañamos a Xosé Ferral. E con el, acomodado sobre a orella, acompáñanos tamén o lapis do carpinteiro. O lapis que planificou unha temporada sobresaínte.
Bueu vive o ano de maior éxito na súa historia. Sorrí Xosé Ferral porque con el naceu este proxecto de canteira no 2016. Bueu roza o títulod e campión da liga galega. E recibiu xa a invitación para estar na clasificatoria da Concha. Son, dalgún xeito, os éxitos tamén do lapis do carpinteiro.