Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un policía cunha bengala na celebración do ascenso da U. D. Ourense

Ferido un policía cunha bengala na celebración do ascenso da U. D. Ourense

O axente sufriu queimaduras de terceiro grao

Polo momento hai un detido en relación co caso

G24.gal 15/05/2022 21:20 Última actualización 15/05/2022 22:58

Un policía local de Ourense sufriu queimaduras de terceiro grao ao caerlle no pescozo a bengala dun afeccionado que celebraba o ascenso da Unión Deportiva Ourense a Terceira Federación. 

Segundo informa o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, "foi trasladado a Vigo á unidade de queimados". As forzas de seguridade abriron unha investigación do sucedido e, polo momento, hai unha persoa detida, do ano 1980, con antecedentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade