Cargando resultados...
Ferido un matrimonio tras saír da vía e envorcar o seu coche en Muras
Os bombeiros cubriron de escuma o vehículo para evitar o incendio porque empezaba a saír fume do interior
G24.gal
06/03/2026 19:30
Na estrada LU-540, ao se paso polo concello de Muras, rexistrouse un accidente de tráfico. Por causas que se descoñecen, o vehículo saíu da vía e acabou envorcado na cuneta.
Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Vilalba, un equipo do 061 e mais unha ambulancia medicalizada. Os ocupantes do coche, un matrimonio, conseguiron saír polo seu propio pé. Con todo, foron trasladados ao Hospital Lucus Augusti.
Do coche empezou a saír a fume polo que os bombeiros empregaron os extintores para evitar o incendio.