Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida a condutora dun coche que chocou contra un autobús na estrada entre Santiago e Ourense

Ferida a condutora dun coche que chocou contra un autobús na estrada entre Santiago e Ourense

O accidente sucedeu na N-525 á altura de San Xulián de Arnois, no concello da Estrada

Os vinte pasaxeiros do autocar están ben e os bombeiros do Deza excarceraron a condutora do turismo, que estaba atrapada

O turismo e o autocar accidentados
G24.gal 18/06/2023 18:22 Última actualización 18/06/2023 19:38

Un turismo chocou a primeiras da tarde deste domingo cun autobús de Monbús na N-525 no punto quilómetrico 321, á altura de San Xulián de Arnois, moi preto da Ponte Ulla. A condutora do coche quedou atrapada entre os ferros polo que se precisou a actuación dos bombeiros do Deza, que se desprazaron ata o lugar para liberala.

Polo de agora descoñécese a gravidade das feridas da condutora que foi evacuada ata o Hospital de Santiago en helicóptero medicalizado

Os vinte pasaxeiros do autocar saíron ilesos do choque. Ata a zona do accidente tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, axentes da Garda Civil de Tráfico e o GES da Estrada,

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade