Cargando resultados...
Ferida unha moza en Arzúa ao caer do tellado dunha casa abandonada cando celebraba unha festa
A accidentada, evacuada en helicóptero, estaba canda uns amigos na aldea da Cabana

G24.gal
26/02/2023 21:12
Última actualización 26/02/2023 22:36
Unha moza de Arzúa tivo que ser hospitalizada logo de caer do tellado dunha casa abandonada na que celebraban unha festa, no lugar da Cabana, na parroquia de Viladavil.
A moza foi traslada en helicóptero ata o complexo hospitalario compostelán ante a gravidade das feridas que presentaba. Unha peregrina que pasaba polo lugar esta maña foi a que alertou os servizos de emerxencias.
Atopou a moza ferida nunha vivenda na que estaba de festa cun grupo de persoas. O helicóptero medicalizado tomou terra nunha leira próxima e despois trasladouna ao hospital compostelán.