Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feira de ocio infantil Xuvenlugo

Feira de ocio infantil Xuvenlugo

Máis dunha trintena de atraccións, inchables e obradoiros.

Un espazo de 7.000 metros cadrados.

G24.gal 07/12/2021 21:08

As luces de cores e a música invaden de novo o Pazo de Feiras de Lugo, sede da feira de ocio con máis sona na área de infuencia: Xuvenlugo. Inclúe unha trintena de atraccións, inchables, obradoiros e diversas actividades pensadas para todas as idades, nun recinto de 7.000 metros cadrados.

Xuvenlugo é xa unha das citas tradicionais do Nadal na cidade con 23 edicións. Desta volta, a entrada custa seis euros. Unha zona de rocódromo ou un escape room son algunhas das novidades desta feira de ocio que botará o peche o 9 de xaneiro.

Moitos dos que no seu día acudiron como rapaces fano agora como pais desde diferentes puntos de Galicia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar