Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo destaca que a situación dos hospitais en Galicia segue estable, pero preocupa a saturación da Atención Primaria

Feijóo destaca que a situación dos hospitais en Galicia segue estable, pero preocupa a saturación da Atención Primaria

Feijóo volve pedirlle ao Goberno central un MIR extraordinario para cubrir as prazas de médicos e pediatras que se precisan

G24.gal 17/01/2022 13:20

O presidente Feijóo destaca que a situación dos hospitais en Galicia segue estable. Reitera, iso si, que preocupa a saturación da Atención Primaria e volve pedirlle ao Goberno central un MIR extraordinario para cubrir as prazas de médicos e pediatras que se precisan.

"Temos cinco ou seis puntos de menor ocupación que a que tiñamos antes da pandemia, o que acredita que os hospitais están nunha situación, dende o punto de vista da ocupación, estable. Polo tanto, non nos preocupan neste momento os ingresos hospitalarios. Si nos preocupa a tensión que se está producindo na Atención Primaria, porque levamos dous anos de atraso na actuación de MIR extraordinario e nas convocatorias de ofertas públicas de emprego extraordinarias e eu agardo que por primeira vez en España tomenos en serio o problema da Atención Primaria. Está saturada e despois da pandemia seguirá saturada", dixo o presidente da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade