Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo descarta a moción de censura e pide a confianza dos españois para gobernar

Feijóo descarta a moción de censura e pide a confianza dos españois para gobernar

O PP forzará unha votación no Congreso para obrigar a Sánchez a dar explicacións

O presidente do Goberno estará o mércores na sesión de control tras suspender a viaxe a Nova York

O líder do PP en Málaga
G24.gal 15/06/2025 14:29

Alberto Núñez Feijóo descarta presentar unha moción de censura e pide a confianza dos españois para gobernar con honestidade. Os populares van forzar unha votación no Congreso para esixir que Pedro Sánchez dea expliacións tras coñecer a implicación de Santos Cerdán no caso Koldo.

A vicepresidenta Montero reiterou a dor e a indignación que provocou no partido a presunta implicación de Santos Cerdán no caso Koldo. Insiste en que non coñeceron o informe da UCO ata que se fixo público, o que demostra que con este Goberno, di, non existe a chamada policía patriótica dos gobernos do PP. Tras afirmar que non se van deixar amedrentar polos ataques a varias sedes socialistas, Montero animou o Partido Popular a aplicar a tolerancia cero coa súa corrupción.

"Que non dá explicacións do que pasa co alcalde de Estepona que vai ir ao banco dos acusados, nin da alcaldesa de Marbella, nin di nada dos máis de 1.500 millóns de euros de contratos sanitarios neste momento en investigación xudicial. Non podemos garantir corrupción cero, pero si que calquera indicio de corrupción que apareza na contorna das nosas siglas vai ser apartado do partido e pediranse responsabilidades".

En Málaga, o líder do Partido Popular insistiu en que Sánchez debe convocar eleccións e descartou a moción de censura.

 "Pido a confianza dos españois para gobernar con honestidade, xa o fixen, sei o que teño que facer, cando e con quen teño que facelo, isto non vai de desafogar nun día para que o día seguinte siga Sánchez. Hai que facelo ben para botalo definitivamente".

Os populares van forzar unha votación no Congreso este martes para esixir que o presidente dea explicacións e para que os socios do Goberno se retraten.

"Se seguen á beira de Sánchez, ademais de cómplices, serán encubridores".

En contra do previsto, Sánchez si estará o mércores na sesión de control, xa que se adiou a viaxe a Nova York para asistir ao cumio sobre Oriente Próximo. E este mesmo luns Cerdán entregará a súa acta de deputado, segundo afirmou nunha entrevista nun xornal de Navarra, na que tamén defende a súa inocencia e denuncia que está sendo vítima dunha montaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade