Publicador de contidos

Publicador de contidos

A moción de censura de Touro debaterase en pleno o 12 de agosto

A moción de censura de Touro debaterase en pleno o 12 de agosto

Segundo o acordo, o popular Jesús Reboredo tomará a alcaldía

A moción de censura é resultado dun acordo co edil non adscrito Darío Rey

Concello de Touro. Concello de Touro.
G24.gal 30/07/2025 10:53

A Moción de censura en Touro, coa que o popular Jesús Reboredo recuperará a alcaldía, debaterase e votarase en pleno o martes 12 de agosto ás 12:00 horas do mediodía.

Segundo fontes dos propoñentes, este movemento permitirá arrebatar o bastón de mando ao actual rexedor, Roberto Castro, da lista independente Movemento Veciñal.

Nesa lista, concorreu como número dous o mesmo concelleiro que permite agora o cambio.

Neste acordo que tomaron co edil Darío Rey, precísase que o Concello compareza nos procesos xudiciais que incumban á mina de Touro-O Pino.

Ademais, o propio Darío Rey presidirá unha comisión de medio ambiente cuxo criterio o novo goberno local deberá respectar.

Rey foi moi crítico co actual alcalde porque o seu goberno nin compareceu sobre o asunto nin recorreu contra a declaración deste proxecto mineiro como estratéxico por parte da Xunta e mantivo unha posición ambigua.

O éxito da moción de censura darase grazas a unha sentenza do Tribunal Constitucional, que elimina un parágrafo da lei electoral que recollía que, se a proposta se presentaba cun tránsfuga, a maioría absoluta requirida ampliábase.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade