Asociacións de fiscais piden a suspensión de García Ortiz e o PP di que non marcha porque ao Goberno non lle interesa
Asociacións de fiscais piden a suspensión de García Ortiz e o PP di que non marcha porque ao Goberno non lle interesa
Ester Muñoz asegura que, ao ser "un piar máis" para a defensa de Sánchez, pídenlle que non dimita
Afirma que o relato do goberno se é condenado será que hai lawfare e perseguen a esquerda
Tellado asegura que "os delitos cometidos" por García-Ortiz foron ordenados "desde o Palacio da Moncloa"
"A situación faise insostible". A asociación Profesional e Independiente de Fiscais pídelle coherencia a García Ortiz. "Debería aplicarse a el mesmo a solución que pon o ordenamento xurídico para calquera fiscal", asegura Miguel Pallares, o presidente da APIF. Instan a Álvaro García Ortiz, o fiscal xeral do Estado, a dimitir antes de que se sente no banco dos acusados por revelación de segredos.
Esa solución é un paso atrás que nin o fiscal contempa nin o Goberno lle vai pedir. É el o que debe "tomar as decisións", lembra Margarita Robles. A ministra de Defensa lembra que o estatuto fiscal non lle obriga a dimitir. A Moncloa confía en que un Supremo, dividido, o absolva. Non hai precedentes de que a Sala Segunda xulgara un aforado coa discrepancia dalgún maxistrado.
O enrocamento do fiscal levou a acusación popular a pedirlle ao Supremo que o suspenda cautelarmente para impedir que o xuízo estea contaminado. O presidente da APIF defende que "estando o xefe de calquera fiscal investigado polo Tribunal Supremo., lóxicamente a imparcialidade do Ministerio Fiscal decae moitísimo".
No PP teñen claro que hai detrás deste peche de filas. En Génova cren que o fiscal xeral do Estado non dimite porque llo pediu o Goberno, pois para este resulta "un piar máis" na defensa de Pedro Sánchez "nos casos de corrupción que o arrasan". Así sostivo a voceira do PP no Congreso, Ester Muñoz, nunha entrevista para a cadea COPE. Nela asegurou que se o fiscal xeral é condenado, o Goberno dirá que hai lawfare como defensa.
"Eu teño a impresión de que é o Goberno o que está a pedir que quede, porque é unha ponte máis, é un piar máis nesa defensa numantina que ten Pedro Sánchez ante todos os casos de corrupción que a arrasan", aseverou Muñoz.
Previsiblemente, o primeiro xuízo contra un fiscal xeral do Estado celebrarase antes de que remate o ano. Será xulgado por revelación de segredos contra a parella de Díaz Ayuso.
O PP afirma que o fiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz non dimite porque llo pediu o Goberno, pois para este resulta "un piar máis" na defensa de Pedro Sánchez "nos casos de corrupción que o arrasan".
Tamén se referiu ao fiscal xeral o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, que nunha entrevista en Antena 3, recollida por Europa Press, expresou que "evidentemente" García-Ortiz "ten que dimitir" e a obrigación do Executivo "sería esixirlle a dimisión".
"O que ocorre é que os presuntos delitos cometidos polo señor García-Ortiz foron ordenados desde o Palacio da Moncloa e por iso Sánchez apoia e abraza ao fiscal xeral do Estado, que el mesmo nomeou", afirmou