Cargando resultados...
Febre celeste nos colexios de Vigo
Os centros e os pais enchen os patios de camisolas celestes co Celta ás portas de Europa
G24.gal
16/05/2025 12:07
Co Celta outra vez ás portas de Europa a febre celtista desatouse tamén nos colexios de Vigo. O club animou en redes a acudir aos coles e ao campo vestidos de azul e a resposta foi inmediata en escasas horas tras varios rechouchíos.
Hoxe en centros como a Compañía de María cantaron a Oliveira e vestiron de azul. Algúns tiñan exame pero teñen máis nervios polo partido. A última vez que o Celta xogou en Europa foi en 2017, moitos dos escolares non o lembran, pero si que o fan os seus pais.