Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fazaña do Breogán, cun triunfo agónico na pista do Barcelona (85-88)

Fazaña do Breogán, cun triunfo agónico na pista do Barcelona (85-88)

Paso de xigante para a salvación dos lucenses que acadan a sétima vitoria

Os de Mrsic non desesperaron cando estiveron sete abaixo no último 

G24.gal 17/03/2024 14:16

O Breogán logrou a primeira vitoria da súa historia no Palau (85-88) e fíxoo nun momento trascendental da temporada coa que sae do descenso e mete no mesmo ao Obradoiro, na véspera do derbi no Sar. A estrela do partido foi Sergi García con 23 puntos e McLemore apareceu no intre decisivo para anotar un 2+1 que decidiu o encontro. 

Comezou moi enchufado no partido o equipo galego que no primeiro cuarto conseguiu unha máxima diferenza de oito puntos (18-26). Ao final do primeiro cuarto gañaba por tres (23-26) e aguantou no partido ata o descanso grazas ao seu grande acerto en ataque (47-46). 

Parecía que o Barcelona, tarde ou cedo, ía espertar e o seu momento chegou ao final do terceiro cuarto e no inicio do último. Puxo sete puntos de diferenza (74-67) e ameazou con rachar o encontro. Cando máis difícil estaba, o Breogán soubo amarrarse ao encontro e, cun parcial de 6-18, entrou no treito decisivo por diante (80-85). 

Empatou o Barcelona (85-85) pero McLemore inventou unha canastra con adicional que resolvería o choque. Os últimos ataques careceron de acerto co que o triunfo ven para Lugo, unha vitoria que pode ser decisiva na loita pola salvación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos