Publicador de contidos
Publicador de contidos

Familiares do Villa de Pitanxo agradecen o apoio do rei, pero "quen decide é o presidente"

Familiares do Villa de Pitanxo agradecen o apoio do rei, pero "quen decide é o presidente"

Unha voceira do colectivo e o mariñeiro Samuel Kwesi mantiveron un encontro con Filipe VI aproveitando a súa visita a Vigo

Un buque do CSIC dispón dos medios necesarios para chegar ao Villa de Pitanxo

G24.gal 24/05/2022 14:20 Última actualización 24/05/2022 19:21

O rei Filipe VI, que este martes acudiu a Vigo para inaugurar a Cidade da Xustiza e a feira da industria naval, Navalia, mantivo un encontro cos familiares dos falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo.

María José de Pazo, voceira das familias, agradeceu o interese e o apoio do monarca. "Amosou, unha vez máis, o apoio ás 21 familias do Villa de Pitanxo. Total apoio", dixo. 

Segundo explicou, Filipe VI preguntoulles sobre o estado das súas peticións e "amosouse bastante apenado de que aínda seguísemos no mesmo punto do que el coñecía".

A voceira do colectivo que agrupa ás familias dos náufragos do Villa de Pitanxo, revelou que desde a Casa Real recibiron varios correos electrónicos nas últimas semanas interesándose pola súa situación, e tamén quixo agradecer o xesto por parte da Coroa.

"Hai informes que din que se pode baixar ao pecio, que hai medios, que non hai impedimentos legais, que non se pon a ninguén en risco, que o que queremos é recoller probas", explicou de Pazo.

Porén, tamén recoñecen desde as familias que o rei pouco pode facer e diríxense directamente ao presidente do Goberno. "Vostede é o que ten que escoitarnos, o que ten que decidir. Non sei lle chegan as mensaxes, pero escoiteinos, que só temos este verán para acometer esta operación, que é de xustiza", dixo María José de Pazo.

Na reunión co rei tamén estivo presente Samuel Kwesi, un dos tres sobreviventes do naufraxio, o cal non fixo declaracións porque deberá declarar o 31 de maio na Audiencia Nacional. 

Aínda que o rei “non se comprometeu” a nada coas familias, estas pedíronlle que “fixese todo o que estivese na súa man”.

“O rei é mariño e é coñecedor dos temas da mar. Total apoio ás 21 familias e dámoslle as grazas, pero quen ten que recibirnos é o presidente do Goberno”, engadiu de Pazo, quen lamentou que, “unha vez máis”, a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, desatendese as petición das familias para manter unha reunión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade