Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha veciña de Trasmiras por unha explosión de butano

Falece unha veciña de Trasmiras por unha explosión de butano

A muller, de 93 anos, estaba na lareira cando se produciu un estoupido que fixo voar o tellado.

A explosión fixo voar parte do tellado
G24.gal 14/11/2022 20:13 Última actualización 14/11/2022 20:52

Varias chamadas ao 112, contra as dúas menos dez da tarde, alertaban dunha explosión en Abavides. Os propios veciños que chamaron avisaron de que había unha muller atrapada entre os cascallos.

"Familiares que viven un pouco máis arriba si que oíron a explosión. Non había lume nin nada. Estaban os bombeiros", comenta unha veciña que vive a poucos metros.

Gertrudis, de 93 anos, xa estaba morta cando chegaron os sanitarios. Pendentes das conclusións da policía xudicial, que se desprazou ata o lugar para facer as primeiras investigacións, todo apunta a que a muller faleceu como consecuencia da deflagración. A explosión foi tan violenta que fixo voar parte do tellado.

Os bombeiros, que estiveron traballando varias horas para liberar o corpo e tamén para evitar máis desprendementos do teito, confirman que foi unha deflagración de gas butano. Afortunadamente, nese momento non había ninguén máis na estancia.

"Ela vive coa filla e co xenro. Veñen os netos e os bisnetos... Puido pasar onte, que estaban aí todos!", di outra veciña.

Segundo comentan os veciños, o lugar onde se produciu o sinistro empregábase como lareira e cociña auxiliar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade