Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home ao saír da vía co seu tractor en Carballo tras sufrir unha indisposición

Falece un home ao saír da vía co seu tractor en Carballo tras sufrir unha indisposición

O accidente produciuse contra as nove e media da mañá na AC-413, ao seu paso por Sofán

G24.gal 02/09/2026 10:33 Última actualización 02/09/2026 14:03

Un home, de pouco máis de 60 anos, faleceu tras sufrir unha saída de vía co seu tractor na AC-413, ao seu paso por Sofán, no municipio coruñés de Carballo. Segundo comentou a súa muller aos xornalistas no lugar dos feitos, parece que o home sufriu un infarto e por iso perdeu o control do vehículo. Na estrada non quedaron sinais de freada. 

No lugar de Santa Margarida están consternados pola perda dun dos seus veciños a pouco metros da casa. Saíra co tractor de mañanciña para os labores do día e acabou envorcado na beiravía da estrada que une Cerceda con Carballo.

Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 09:30 horas. Foi un veciño quen alertou os servizos de urxencias pensando que o home podería estar atrapado. Pero finalmente nada se puido facer por salvarlle a vida. 

Ao lugar do sinistro desprazáronse os bombeiros de Carballo e axentes da Garda Civil que recolleron mostras e inspeccionaron o vehículo para avanzar na investigación que poida finalmente determinar como sucedeu o accidente. 

A vítima tiña pouco máis de 60 anos e dáse a circunstancia que hai catro anos perdeu o seu único fillo de forma tamén repentina. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade