Morre unha muller de 51 anos nun choque entre tres turismos en Ordes
A vítima foi liberada polos bombeiros do vehículo en que quedou atrapada

Unha muller faleceu este mércores nun accidente producido na estrada AC-524 ao seu paso por Ordes, onde bateron tres vehículos, un coche e dúas furgonetas, segundo informa o servizo de emerxencias 112-Galicia.
#AXEGAInforma dunha persoa falecida tras colidir tres turismos en #Ordes, na #AC524. #BombeirosOrdes excarceraron á vítima. Os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu pasamento.
— 112Galicia (@112Galicia) August 17, 2022
Ademais, acudiron @guardiacivil de Tráfico, #PolicíaLocal e #ProtecciónCivil pic.twitter.com/GipCaiChGE
A vítima, de 51 anos e veciña de Ordes, tivo que se liberada do vehículo polos bombeiros de Ordes que advertiron que podería entrar en parada dun momento a outro.
Nese momento mobilizouse un helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero a muller faleceu antes e pero os servizos sanitarios só puideron confirmar a morte.
No sinistro produciuse tamén un ferido leve que foi trasladado a unha clínica de Santiago, mentres que o ocupante do outro vehículo quedou ileso.