Falece unha muller no incendio dunha vivenda na Coruña
A vitima presentaba síntomas de asfixia e numerosas queimaduras
Unha muller faleceu esta madrugada no incendio dunha vivenda na rúa Río Quintas, na Coruña. Un veciño alertou do incendio sobre a unha e media da madrugada deste luns. No seu aviso sinalou de que saía moito fume negro dunha vivenda de pranta baixa. As ventás daban á fachada posterior ao portal número 12 das vivendas de Santa Bárbara.
Á súa chegada os bombeiros viron que as persianas que daban á rúa estaban derretidas polo calor, ao entrar na vivenda atoparon o corpo da vítima no salón da vivenda con síntomas de axfixia e queimaduras.
Os bombeiros apuntan a que o lume se iniciou na zona do salón, ao queimarse unha butaca, cunha propagación do lume ata unha mesa e o sofá en que se atopaba a vítima.
Unha dotación con tres vehículos e nove efectivos de bombeiros desprazáronse ata o lugar. Á súa chegada, observaron que estaban as persianas derretidas. Accederon pola ventá ao salón, onde atoparon a muller.
Os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida da muller.