Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home atropelado no concello da Estrada

Falece un home atropelado no concello da Estrada

O suceso ocorreu na avenida Benito de Vigo

G24.gal 22/08/2023 19:02 Última actualización 22/08/2023 22:15

Un home faleceu este martes ao ser atropelado por un vehículo na Estrada, informa o 112 Galicia.

O atropelo produciuse na avenida Benito Vigo e a vítima foi atendida polos sanitarios do 061, que nada puideron facer por salvalo.

O 112 tivo coñecemento do accidente a través da chamada dun particular que xa lles confirmou a presenza do equipo médico de Urxencias Sanitarias.

A Policía Local da localidade pontevedresa informou a Emerxencias do falecemento do home. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade