Cargando resultados...
Falece un home en Agolada despois de caerlle un silo enriba
Os equipos sanitarios intentaron reanimalo sen éxito
G24.gal
04/09/2024 20:50
Última actualización 04/09/2024 22:24
Un home faleceu na tarde deste mércores en Agolada ao caerlle un silo de 200 quilos enriba. O suceso ocorreu nunha granxa no lugar de Lamas, nas Trabancas.
Pouco despois das sete da tarde, un particular alertou o 112 despois de atopar a vítima medio inconsciente.
Os equipos sanitarios intentaron reanimalo sen éxito.