Cargando resultados...
Falece unha nena de catro anos golpeada pola barra dun parasol en Vigo
Falece unha nena de catro anos golpeada pola barra dun parasol en Vigo
Foi un particular quen alertou o 112, que non puido facer nada por salvarlle a vida
G24.gal
16/05/2022 21:19
Unha nena de catro anos faleceu este luns ao caerlle na cabeza o ferro dun parasol nunha leira particular en Bembrive, en Vigo. O accidente tivo lugar ás 17:45 horas e foi un particular o que alertou o 112 de que unha menor estaba ferida na cabeza.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional e Local e Urxencias Sanitarias de Galicia, que non puideron facer nada por salvarlle a vida á nena.