Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un traballador nun accidente laboral en Padrón

Falece un traballador nun accidente laboral en Padrón

Unha máquina atrapou a vítima, de 22 anos, sen que os servizos de emerxencias puidesen salvarlle a vida

O falecido veciño de Valga e levaba ano e medio empregado na perfilería de aluminio de Cortizo

Exterior das instalacións en que se produciu o accidente laboral mortal este mércores
G24.gal 16/03/2022 08:43 Última actualización 09:40

Un traballador faleceu este mércores de madrugada nun accidente laboral nunha nave da empresa Cortizo situada no concello de Padrón.

O accidente tivo lugar cando o operario estaba a traballar na zona de prensadura desta industria do aluminio. Unha máquina atrapou e esmagou a vítima, un mozo de 22 anos, e os servizos de emerxencias non puideron salvarlle a vida. O  accidente produciuse de madrugada.

Ata o lugar do suceso, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, outra de soporte vital básico e persoal da PAC de Padrón para atender o home

O lugar do sinistro está moi preto da base do grupo de urxencias supramunicipais de Padrón, polo que acudiron axiña.

"Si. Fomos o primeiro equipo de urxencias en chegar ao punto", sinala Julio Alberto Aldrey, xefe do equipo do GES de Padrón e explica que "ás 3.45 horas, de madrugada, recibimos a chamada do 112 alertándonos dun posible atrapamento dunha persoa nunha máquina. Chegamos alí e o operario estaba tendido no chan. Fixemos a comprobación das constantes vitais e fixemos as manobras de RCP e máis DESA ata que chegou o persoal sanitario ao punto".

Segundo informa a empresa, a vítima levaba ano e medio traballando. A noite pasada, cando desenvolvía a súa quenda de traballo que remataría ás seis, sufriu o accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade