Cargando resultados...
Falece un mozo de 32 anos como consecuencia das feridas sufridas nun accidente en Lugo
Un veciño de Outeiro de Rei, de 32 anos, faleceu no hospital como consecuencia das feridas sufridas nun accidente onte pola noite en Lugo

G24.gal
05/05/2022 14:49
As estradas deixan outra vítima mortal en Galicia. Un veciño de Outeiro de Rei, de 32 anos, faleceu no hospital como consecuencia das feridas sufridas nun accidente onte pola noite en Lugo.
Conducía un dos vehículos implicados na colisión frontal. O impacto foi tan forte que os dous coches que bateron acabaron envorcados nunha leira próxima á estrada. A outra persoa ferida no accidente, unha muller, permanece ingresada con múltiples fracturas.