Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un menor de 16 anos en Ceuta tras recibir un disparo na cabeza

Falece un menor de 16 anos en Ceuta tras recibir un disparo na cabeza

O rapaz ía nunha moto cando recibiu o disparo

Un home coa cara tapada saíu dunha zona arborada e comezou a disparar contra el

Hopital Universditario de Ceuta onde ingresou o menor Hopital Universditario de Ceuta onde ingresou o menor
G24.gal 16/04/2022 12:24

Un menor de 16 anos que recibiu un disparo esta medianoite en Ceuta e morreu na UCI do hospital universitario da cidade pola gravidade da ferida que lle causou a bala que o alcanzou na cabeza.

O falecemento do mozo, que ingresou en estado crítico, produciuse na unidade de coidados intensivos onde os médicos non puideron facer nada por salvarlle a vida.

A Policía investiga este suceso, que se rexistrou na madrugada na subida á barriada do Príncipe. Alí sorprendeuno un home coa cara tapada que saíu desde unha zona arborada e que fuxiu tras tirotealo.

O rapaz recibiu un impacto de bala na cabeza e quedou tendido na estrada. Un condutor que pasaba pola zona parou e trasladouno de inmediato ao hospital universitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade