Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home tras caer dende o tellado dunha nave no polígono da Granxa

Falece un home tras caer dende o tellado dunha nave no polígono da Granxa

Segundo manifestaron fontes do 112, o home caeu dende unha altura duns 20 metros e non era traballador da empresa

G24.gal 05/10/2022 10:02

Un operario de 39 anos de idade faleceu na mañá deste mércores despois de precipitarse desde o tellado dunha nave no polígono industrial da Granxa, no Porriño (Pontevedra), segundo informou o 112 Galicia.  

O sinistro tivo lugar sobre as 9:30 horas deste mércores na nave de Granitos Ibéricos, fronte á gasolineira de Gradín. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizou a Urxencias Sanitarias-061, bombeiros do Porriño, Garda Civil e Policía Local.  

Así, o 061 enviou á zona unha ambulancia de soporte vital básico e unha ambulancia de soporte vital avanzado, aínda que os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.

Segundo manifestaron fontes do 112, o home caeu dende unha altura duns 20 metros e non era traballador da empresa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade