Morre un home na praia de Compostela, en Vilagarcía de Arousa

Un home faleceu este sábado na praia de Compostela, en Vilagarcía de Arousa. Segundo trasladou o 112 Galicia, a persoa que acompañaba o falecido atopouno na auga boca abaixo e sen constantes vitais.
Nese momento, sacouno da auga e comezou a realizar labores de reanimación, pero nada se puido facer por salvar a vida do home.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, tras recibir varias chamadas de particulares sobre as 18,30 horas, deu aviso deste suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou ao momento a un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.
🔴 #AXEGAInforma da morte dun home na Praia Compostela, #Vilagarcía, tras ser rescatado da auga en parada. Malia as manobras de reanimación, nada se puido facer.
— 112Galicia (@112Galicia) July 9, 2022
Medios: Urxencias Sanitarias, Servizo Local de Emerxencias, Policía Local e @policia
ℹ️ https://t.co/l2DG5qQTPN pic.twitter.com/WetC3wvBLx