Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home na praia de Cabeceira, en Poio

Falece un home na praia de Cabeceira, en Poio

Os axentes da Garda Civil, tras confirmaren o falecemento, apuntaron a unha indisposición mentres se atopaba na auga como posible causa da morte

G24.gal 09/07/2026 07:52

Un home faleceu este mércores por unha posible indisposición mentres se atopaba na auga na praia de Cabeceira, en Poio.

Ao redor das 20:10 horas, un particular deu aviso ao 112 Galicia para informar de que estaban a sacar un home da auga e que estaban a intentar reanimalo.

Ata o lugar desprazáronse os profesionais sanitarios do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Garda Civil e a Policía Local.

Tamén se informou do suceso a Salvamento Marítimo, ao servizo de Gardacostas de Galicia, a membros do Grupo de Emegerncias Supramunicipal (GES) de Sanxenxo e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

A pesar dos intentos de reanimación, os servizos de emerxencias non puideron salvarlle a vida. Os axentes da Garda Civil, tras confirmaren o falecemento, apuntaron a unha indisposición mentres se atopaba na auga como posible causa da morte.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade