Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home en Vimianzo tras unha saída de vía

Falece un home en Vimianzo tras unha saída de vía

Unha indisposición ao volante puido ser a causa que provocou que o condutor saíra da vía

Tras chegaren ao lugar, os profesionais sanitarios mobilizados tan só puideron confirmar o falecemento do condutor e único ocupante do turismo

G24.gal 27/06/2022 09:11

Un home duns 70 anos faleceu na noite deste pasado domingo mentres conducía. Chocou contra uns bancos de pedra diante dunha vivenda e saíu da vía no municipio coruñés de Vimianzo. Segundo informaron o 112 Galicia e os Bombeiros de Cee, unha indisposición ao volante puido ser a causa que provocou que o condutor saíse da vía sobre as 23:15 horas na zona de Baíñas.

O 112 sinalou que os servizos sanitarios contactaron co servizo de emerxencias para informar dunha saída de vía cun home inconsciente na estrada AC-441. O 112 puxo os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, dos bombeiros de Cee e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Tras chegaren ao lugar, os profesionais sanitarios mobilizados tan só puideron confirmar o falecemento do condutor e único ocupante do turismo, indicaron as mesmas fontes. Os bombeiros detallaron que o falecido era un home duns 70 anos veciño de Pasarela, en Vimianzo, que conducía un Volkswagen Tiguan.

Os bombeiros realizaron labores de limpeza e de apartar os restos duns bancos de pedra que rompeu o coche. Segundo apuntaron, concluíron a intervención ás 2:25 horas deste luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade