Falece un home de 36 anos en Meis tras unha intoxicación por monóxido
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dun particular que solicitaba asistencia sanitaria urxente para un home que presentaba síntomas de intoxicación
Malia os esforzos dos equipos de emerxencias, non se puido facer nada por salvarlle a vida ao home
Un home de 36 anos faleceu en Meis por unha intoxicación de monóxido de carbono. No lugar do suceso rexistrouse unha elevada concentración de monóxido de carbono.
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dun particular que solicitaba asistencia sanitaria urxente para un home que presentaba síntomas de intoxicación. Fontes próximas á investigación explicaron que a vítima, fillo da propietaria dun supermercado, fora a revisar un xerador posto en marcha por mor dun corte de luz e foi achado inconsciente.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dun home tras unha intoxicación por monóxido de carbono.
— 112 Galicia (@112Galicia) February 4, 2026
📍 Avda. do Médico Paz García, Nogueira (Meis).
➡️ Detectouse unha elevada concentración deste gas no lugar.
🔗 https://t.co/puUUGIN9Iw pic.twitter.com/6r4OrEcGqA
O suceso produciuse na avenida do Médico Paz García, na parroquia de Nogueira, no concello de Meis, arredor das 08:45 horas. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e dos Bombeiros de Ribadumia.
Malia os esforzos dos equipos de emerxencias, non se puido facer nada por salvarlle a vida ao home.