Cargando resultados...
Falece un home ao caer ao río Mandeo en Betanzos
Os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida
.png)
G24.gal
28/08/2022 17:30
Última actualización 28/08/2022 20:03
Un home faleceu este domingo tras caer ao río Mandeo en Betanzos, segundo informou o 112.
Os feitos tiveron lugar no Paseo da Tolerancia, contra as catro da tarde. Foron axentes da Policía Local os que contactaron co servizo para alertar do ocorrido, engadindo que estaban a tentar sacalo da auga.
No operativo participaron os Bombeiros de Betanzos, Protección Civil, a Policía Local e a Garda Civil.
Segundo a información facilitada ao 112 polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento, os servizos sanitarios, tras realizar sen éxito as manobras de reanimación, confirmaron o falecemento do home.