Cargando resultados...
Morre o exadestrador do Breogán Ricardo Hevia aos 81 anos
Falecía tras unha complicada operación
G24.gal
08/01/2022 12:16
No baloncesto a competición está moi alterada pola covid, Esta fin de semana non xogan os equipos galegos de ACB nin de Leb, pero si temos unha mala noticia, a morte de Ricardo Hevia.
O que fora mítico adestrador do Breogán faleceu aos 81 anos de idade logo dunha complicada operación. Tamén foi adestrador en Ferrol e en Ourense pero, aínda que nacera en Mieres, estaba moi ligado á cidade de Lugo.
O noso sentido pésame a familia e amigos polo pasamento de Ricardo Hevia, adestrador que forma parte da nosa historia e da do baloncesto. DEP pic.twitter.com/9rKi3PKbf7
— Río Breogán (@CBBreogan) January 8, 2022