Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o poeta e profesor lucense Arcadio López Casanova

Falece o poeta e profesor lucense Arcadio López Casanova

Formou parte dos poetas do 68, as novas xeracións de autores que naceron despois da Guerra

Finalista do Premio Nacional de Poesía por Mesteres, era un dos expertos de referencia no estudo de Miguel Hernández ou Luís Pimentel

Arcadio López Casanova, no acto de ingreso na Real Academia Galega
G24.gal 12/04/2022 09:03

Arcadio López Casanova morreu en Valencia, ata onde marchara cando gañou as oposicións de ensino medio en 1968. Nacera en Lugo e tiña 79 anos. Formou parte dos poetas do 68, as novas xeracións de autores que naceron despois da Guerra e que transformaron o panorama literario do momento.

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto coas figuras máis relevantes do galeguismo da época. Trasladouse en 1968 a Valencia para ocupar unha cátedra de Lingua e Literatura Española no Instituto Mariano Benlliure.

O estilo de López Casanova centrábase no dramatismo do paso do tempo, a ansia por preservar a inocencia infantil e a comprensión humana do feito traumático que é a morte

Finalista do Premio Nacional de Poesía por Mesteres, era un dos expertos de referencia no estudo de Miguel Hernández ou Luís Pimentel

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos