Cargando resultados...
Falece o narcotraficante Manuel Charlín
Foi un dos detidos na operación Nécora

G24.gal
31/12/2021 20:25
Manuel Charlín, patriarca dun dos clans máis coñecidos do narcotráfico en Galicia, faleceu na tarde do 31 de decembro no seu domicilio en Vilanova de Arousa. O home, de 89 anos, sufríu unha caída accidental pouco despois das seis da tarde. Aínda non está claro se foi na súa casa ou nunha vía próxima.
Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida.
Manuel Charlín foi un dos detidos na operación Nécora, pero saíu absolto. No 1999 condenárono a vinte anos de prisión por un alixo de 600 kgs de cocaína. En 2010 quedou libre.