Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o home atropelado no paso de peóns fronte aos institutos de Betanzos

Falece o home atropelado no paso de peóns fronte aos institutos de Betanzos

Os veciños din que poucos respectan o límite a 30 km/h nesa zona escolar

G24.gal 02/02/2023 14:26

O home que fora atropelado o martes nun paso de peóns en Betanzos morreu nas últimas horas na UCI do hospital da Coruña. 

A vítima estaba cruzando co semáforo en verde para os viandantes. Un nefasto accidente que se suma a outro de hai xa anos cando no mesmo paso de peóns falecera un neno que ía en bicicleta tras ser atropelado por un motorista.

Porén, polo que contan os betanceiros, ese paso de peóns, pintado entre dous institutos de educación secundaria, non é dos conflitivos.

Pero si denuncian que os son poucos os condutores que respectan o límite a trinta quilómetros por hora nesa zona escolar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade